Posts

Image
  Hoxe é o último día para os alumnos de 3º e 4º. Comezaremos traballando a comprensión lectora. Imos aquí e lemos 3 ou 4 veces. A continuación pulsamos o enlace e facemos o test para comprobar se comprendimos o texto. Para finalizar propoñovos xogar ó xogo da oca . Antes de nada temos que rexistrarnos ou entrar con facebook, pulsamos "Juega ya" e ¡a disfrutar!¡A ver cantas partidas es capaz de gañar!
Image
Hoxe é o ultimo día de reforzo para os de 5º e 6º, así que vos traio uns trabalinguas para que intentedes lelos sen trabarse e do modo máis rápido posible. Reta ó teu pai, nai ou irmá/án para ver quen é capaz de facelo mellor. E un pasapalabra sobre os contidos do curso. Para acabar coas matemáticas practicaremos o calculo mental con este xogo . Pulsamos o nivel 1: temos 3 minutos para facer 40 operacións matemáticas moi sinxelas . Ainda así, tedes que usa toda a vosa axilidade mental. Moita sorte !
Image
Para os alumnso de 3º e 4º teño como proposta o visionado de dúas historias en galego. Espero que vos gusten. De paseo pola sabana O sapo e o raposo Cal vos gustou mais? Por que? Matematicamente falando xogaremos ó tangram virtual. Temos que construír as distintas figuras utilizando as diferentes figuras xeométricas. Xogo  (primeiro eliximos o nivel e pulsamos na figura correspondente que imos representar, unha vez completada a figura pasaremos á seguinte).
Image
Os de 5º e 6º comezaremos o día cunha interesante lectura . A ver se es capaz de porlle un titulo! Hoxe temos para repasar os pronomes persoais en galego. Aquí tedes unha táboa que os resume. Os pronomes persoais son as palabras que serven para nomear ás persoas, os animais ou as cousas sen utilizar substantivos. Os pronomes poden ser de primeira, segunda e terceira persoa. Hai dúas clases de pronomes persoais: tónicos e átonos . Os pronomes tónicos poden aparecer sós. Os pronomes átonos sempre acompañan a un verbo. -Agora agrupa os pronomes persoais segundo sexan átonos ou tónicos: actividade -Nas seguintes oracións substitúe as palabras destacadas por un pronome Pablo e María foron á praia_____________________ Esta maña viu a verme Pablo _____________________ Xaquín mais eu fixemos unha maqueta______________ -Por último, marca o pronome persoal átono destes verbos. dálla dimo peitéache sírveas ilumínaos agradécello vaiche bébeo...
Image
Para os de terceiro temos de repaso os pronomes personais. "Los pronombres personales pueden sustituir a los sustantivos en las oraciones. Los pronombres personales son los siguientes: yo, tú, él, nosotros/as, vosotros/as, ellos/as" Aquí temos unha actividade para velos. Como vimos, os pronomes personais substitúen ós sustantivos, vai a este enlace e relaciona as columnas substituíndo os sustantivos por pronomes. Para os de cuarto traballaremos os prefixos de negación e de lugar. Aquí unha actividade con algúns dos prefixos de negación que podes atopar máis comunmente. E unha segunda actividade onde terás que decidir se as palabras están ben escritas. E para traballar os prefixos de lugar termos que ordear as palabras prestando atención ós diferentes prefixos que nos indican unha posición ou sitio.: palabra 1 Palabra 2 Palabra 3 Palabra 4 Palabra 5 En canto as matemáticas seguimos co traballo das fraccións: para os de 4º aqui vos deixo unha  ...
Image
Os de 5º e 6º  miraremos a familia de palabras. A familia de palabras é o grupo de palabras que derivan dunha mesma palabra primitiva, teñen unha raíz en común e teñen certa relación no seu significado. Exemplo: Familia de mar, mariño, marítimo, marexada.... Actividade (agrupa as palabras segundo a familia a que pertencen) E para rematar o repaso á familia de palabras imos a este enlace  e realizamos o exercicio 2. Finalmente, seguiremos co traballo das porcentaxes. Como igual custa un pouco entendelos, realizaremos esta actividade para saber cal é a orixe das porcentaxes e a súa relación coas fraccións. Faremos estes dous xogos de forma ordenada. Xogo 1 Pulsamos no apartado que pon colorea. Xogo 2 Pulsamos en calculo mental
Image
Hoxe, os alumnos de 3º, traballaremos o adxectivo. O adxectivo é unha palabra que acompaña ao substantivo e dinos unha cualidade del. Coche azul (dinos a cor do coche) Can perigoso (fálanos do comportamento do can) O adxectivo sempre concorda co substantivo en xénero e número: O neno listo A nena lista Imos a este enlace e realizamos o exercicio 1 e 2 Os neno/as de 4º repasaremos os determinantes posesivos. Os determinantes posesivos utilízanse para identificar o substantivo en función do seu posuidor. “o meu” cando eu son o posuidor: a miña casa “o teu” cando ti es o posuidor: a túa casa “o seu” cando el ou ela son os posuidores: a súa casa “o noso” cando nós somos os posuidores: a nosa casa “o voso” cando vós sodes os posuidores: a vosa casa “o seu” cando eles ou elas son os posuidores: a súa casa O determinante posesivo concorda co substantivo ao que acompaña en xénero e número. Facemos o exercicio 1 neste enlace En matemáticas  avanzaremos u...