Os de 5º e 6º comezaremos o día cunha interesante lectura. A ver se es capaz de porlle un titulo!
Hoxe temos para repasar os pronomes persoais en galego. Aquí tedes unha táboa que os resume.
Os pronomes persoais son as palabras que serven para nomear ás persoas, os animais ou as cousas sen utilizar substantivos. Os pronomes poden ser de primeira, segunda e terceira persoa. Hai dúas clases de pronomes persoais: tónicos e átonos. Os pronomes tónicos poden aparecer sós. Os pronomes átonos sempre acompañan a un verbo.
-Agora agrupa os pronomes persoais segundo sexan átonos ou tónicos: actividade
-Nas seguintes oracións substitúe as palabras destacadas por un pronome
Pablo e María foron á praia_____________________
Esta maña viu a verme Pablo_____________________
Xaquín mais eu fixemos unha maqueta______________
-Por último, marca o pronome persoal átono destes verbos.
dálla dimo peitéache sírveas ilumínaos agradécello vaiche bébeo.
En canto as matemáticas imos a este video onde nos explican, ata o minuto 2:42, o que é a porcentaxe dun número e como se calcula. Verémolo 2 ou 3 veces para que o entendamos. A continuación imos á seguinte actividades, nela temos que calcular a porcentaxe indicada na xoaniña. Xogo
Comments
Post a Comment