Os de 5º e 6º miraremos a familia de palabras.
A familia de palabras é o grupo de palabras que derivan dunha mesma palabra primitiva, teñen unha raíz en común e teñen certa relación no seu significado. Exemplo: Familia de mar, mariño, marítimo, marexada....
Actividade (agrupa as palabras segundo a familia a que pertencen)
E para rematar o repaso á familia de palabras imos a este enlace e realizamos o exercicio 2.
Finalmente, seguiremos co traballo das porcentaxes. Como igual custa un pouco entendelos, realizaremos esta actividade para saber cal é a orixe das porcentaxes e a súa relación coas fraccións.
Faremos estes dous xogos de forma ordenada.
Xogo 1 Pulsamos no apartado que pon colorea.
Xogo 2 Pulsamos en calculo mental
Comments
Post a Comment