Hoxe, os alumnos de 3º, traballaremos o adxectivo.
O adxectivo é unha palabra que acompaña ao substantivo e dinos unha cualidade del.
Coche azul (dinos a cor do coche) Can perigoso (fálanos do comportamento do can)
O adxectivo sempre concorda co substantivo en xénero e número:
Imos a este enlace e realizamos o exercicio 1 e 2
Os neno/as de 4º repasaremos os determinantes posesivos.
Os determinantes posesivos utilízanse para identificar o substantivo en función do seu posuidor.
“o meu” cando eu son o posuidor: a miña casa
“o teu” cando ti es o posuidor: a túa casa
“o seu” cando el ou ela son os posuidores: a súa casa
“o noso” cando nós somos os posuidores: a nosa casa
“o voso” cando vós sodes os posuidores: a vosa casa
“o seu” cando eles ou elas son os posuidores: a súa casa
O determinante posesivo concorda co substantivo ao que acompaña en xénero e número.
Facemos o exercicio 1 neste enlace
En matemáticas avanzaremos un pouquiño repasando como se calcula unha fracción dun número, por exemplo: 2/4 de 20. Actividade (axúdate do resumo de abaixo)
Aquí un breve resumo:
En matemáticas avanzaremos un pouquiño repasando como se calcula unha fracción dun número, por exemplo: 2/4 de 20. Actividade (axúdate do resumo de abaixo)
Aquí un breve resumo:
Comments
Post a Comment