Hoxe, os de 5º e 6º,  veremos que é o grupo nominal: 

"O grupo nominal é un conxunto de palabras que se agrupan ao redor dun substantivo.
O grupo nominal pode estar formado por unha soa palabra ou por varias. O substantivo é o núcleo do grupo nominal. Adoita ir precedido dun determinante. Ás veces acompañan ao substantivo outras palabras que funcionan como complementos."

Completa este texto sobre o grupo nominal enlace
Realiza a seguinte actividade para asimilar ben os conceptos.
Finalmente, seguimos co traballo das fraccións. Na sesión anterior vimos como era de sinxelo pasar unha fracción decimal a numero decimal. Pero... que pasa se a fracción non é decimal? Pois é tan sinxelo como dividir o numerador polo denominador.

Aqui temos unha actividade para practicar o paso de fracción a número decimal.
Esta actividade consiste nunha serie de exercicios (entre actividade e actividade tedes que acertar a tocar co rato os monstros):
1- elixir a fracción que se corresponde co numero decimal.
2-relacionar fraccións co numero decimal correspondente.


Comments

Popular posts from this blog

Kahoot