Hoxe teño unha proposta eminentemente matemática para os de 5º e 6º..
Comezaremos repasando a identificación de fraccións, para isto temos ó seguinte xogo .
Nel teredes que mover a cara sorrinte ata tocar a bola correspondente á fracción representada na esquerda. ¡A ver quen suma mais puntos!
No seguinte xogo en lugar de identificar teremos que representar as fraccións co movemento do pau de golf (fíxate que o pau cárgase cara atrás XD)
Por último compararemos fraccións no seguinte enlace: xogo comparar fraccións
Usade o sentido común, pensade ben a resposta. (acordádevos que o denominador indica as partes nas que divido un obxecto ou figura e o numerador as que collo).
Podedes comezar por nivel fácil e ir subindo.
Por último aquí vos deixo unha curta e voluntaria lectura moi interesante.
Lectura
Comments
Post a Comment