Os de terceiro temos que ver de novo as palabras que levan mp ou mb. Para iso ,aquí tedes estas dúas actividades. A primeira de completar( enlace )a segunda un crucigrama virtual ( enlace ) Os de cuarto repasaremos os tipos de sufixos: O sufixo é unha terminación que se pon ao final da palabra e permite formar unha palabra nova cun significado diferente. Poden ser diminutivos ou aumentativos. A sí, cando queremos dicir que algo é pequeno, podemos usar un sufixo diminutivo -illo como en pececillo e se queremos dicir que é grande, un sufixo aumentativo -on como en cabezón. Agrupa as palabras según o tipo de sufixo neste enlace Y realiza esta segunda actividad. (Nesta páxina atoparedes exemplos de sufixos aumentativos e diminutivos) En matemáticas seguimos coas fraccións. Imos a este enlace e lemos os apartados 1.1 e 1.2 sobre comparar fraccións. Realizamos estas actividades.
Hoxe, os alumnos de 3º, traballaremos o adxectivo. O adxectivo é unha palabra que acompaña ao substantivo e dinos unha cualidade del. Coche azul (dinos a cor do coche) Can perigoso (fálanos do comportamento do can) O adxectivo sempre concorda co substantivo en xénero e número: O neno listo A nena lista Imos a este enlace e realizamos o exercicio 1 e 2 Os neno/as de 4º repasaremos os determinantes posesivos. Os determinantes posesivos utilízanse para identificar o substantivo en función do seu posuidor. “o meu” cando eu son o posuidor: a miña casa “o teu” cando ti es o posuidor: a túa casa “o seu” cando el ou ela son os posuidores: a súa casa “o noso” cando nós somos os posuidores: a nosa casa “o voso” cando vós sodes os posuidores: a vosa casa “o seu” cando eles ou elas son os posuidores: a súa casa O determinante posesivo concorda co substantivo ao que acompaña en xénero e número. Facemos o exercicio 1 neste enlace En matemáticas avanzaremos u...
Para os alumnso de 3º e 4º teño como proposta o visionado de dúas historias en galego. Espero que vos gusten. De paseo pola sabana O sapo e o raposo Cal vos gustou mais? Por que? Matematicamente falando xogaremos ó tangram virtual. Temos que construír as distintas figuras utilizando as diferentes figuras xeométricas. Xogo (primeiro eliximos o nivel e pulsamos na figura correspondente que imos representar, unha vez completada a figura pasaremos á seguinte).
Comments
Post a Comment