Ós de 5º e 6º propoñovos xogar as adiviñanzas. -Aquí tes a solución Agora lee: Os campos semánticos ou familias semánticas son grupos de palabras que comparten algún trazo do seu significado. As palabras que compoñen os campos semánticos sempre teñen algo en común en canto ao seu significado, como trazos ou características. Exemplo :Días da semana . Luns, martes, mércores, xoves... Volvendo ós enigmas: a que campo semántico pertencen as solucións? A continuación tes una actividade en liña para traballar os campos semánticos. Enlace Indo coas matemáticas, hoxe traballaremos o razoamento lóxico. Polo que vos propoño estes sudokus dixitais. Sudokus dixitais
Para os de terceiro temos de repaso os pronomes personais. "Los pronombres personales pueden sustituir a los sustantivos en las oraciones. Los pronombres personales son los siguientes: yo, tú, él, nosotros/as, vosotros/as, ellos/as" Aquí temos unha actividade para velos. Como vimos, os pronomes personais substitúen ós sustantivos, vai a este enlace e relaciona as columnas substituíndo os sustantivos por pronomes. Para os de cuarto traballaremos os prefixos de negación e de lugar. Aquí unha actividade con algúns dos prefixos de negación que podes atopar máis comunmente. E unha segunda actividade onde terás que decidir se as palabras están ben escritas. E para traballar os prefixos de lugar termos que ordear as palabras prestando atención ós diferentes prefixos que nos indican unha posición ou sitio.: palabra 1 Palabra 2 Palabra 3 Palabra 4 Palabra 5 En canto as matemáticas seguimos co traballo das fraccións: para os de 4º aqui vos deixo unha ...
Para os alumnso de 3º e 4º teño como proposta o visionado de dúas historias en galego. Espero que vos gusten. De paseo pola sabana O sapo e o raposo Cal vos gustou mais? Por que? Matematicamente falando xogaremos ó tangram virtual. Temos que construír as distintas figuras utilizando as diferentes figuras xeométricas. Xogo (primeiro eliximos o nivel e pulsamos na figura correspondente que imos representar, unha vez completada a figura pasaremos á seguinte).
Comments
Post a Comment