Hoxe, os alumnos de 3º, traballaremos o adxectivo. O adxectivo é unha palabra que acompaña ao substantivo e dinos unha cualidade del. Coche azul (dinos a cor do coche) Can perigoso (fálanos do comportamento do can) O adxectivo sempre concorda co substantivo en xénero e número: O neno listo A nena lista Imos a este enlace e realizamos o exercicio 1 e 2 Os neno/as de 4º repasaremos os determinantes posesivos. Os determinantes posesivos utilízanse para identificar o substantivo en función do seu posuidor. “o meu” cando eu son o posuidor: a miña casa “o teu” cando ti es o posuidor: a túa casa “o seu” cando el ou ela son os posuidores: a súa casa “o noso” cando nós somos os posuidores: a nosa casa “o voso” cando vós sodes os posuidores: a vosa casa “o seu” cando eles ou elas son os posuidores: a súa casa O determinante posesivo concorda co substantivo ao que acompaña en xénero e número. Facemos o exercicio 1 neste enlace En matemáticas avanzaremos u...
Para os alumnso de 3º e 4º teño como proposta o visionado de dúas historias en galego. Espero que vos gusten. De paseo pola sabana O sapo e o raposo Cal vos gustou mais? Por que? Matematicamente falando xogaremos ó tangram virtual. Temos que construír as distintas figuras utilizando as diferentes figuras xeométricas. Xogo (primeiro eliximos o nivel e pulsamos na figura correspondente que imos representar, unha vez completada a figura pasaremos á seguinte).
Hoxe é o ultimo día de reforzo para os de 5º e 6º, así que vos traio uns trabalinguas para que intentedes lelos sen trabarse e do modo máis rápido posible. Reta ó teu pai, nai ou irmá/án para ver quen é capaz de facelo mellor. E un pasapalabra sobre os contidos do curso. Para acabar coas matemáticas practicaremos o calculo mental con este xogo . Pulsamos o nivel 1: temos 3 minutos para facer 40 operacións matemáticas moi sinxelas . Ainda así, tedes que usa toda a vosa axilidade mental. Moita sorte !
Sen ánimo de ofender e con espírito construtivo, pero en galego Ola escríbese sen "h" e o feminino de campión é campioa.
ReplyDeleteGrazas por avisar, váiseme a cabeza ó castelán. Un saúdo.
Delete