Nesta ocasión traio para os de 6º e 5º unha
lectura para traballar a comprensión. Tamén tedes a vosa disposición unha sopa
de letras para repasar algúns tipos de palabras. A ver se sabedes a que tipo
pertence cada unha ;D
Os de 5º e 6º comezaremos o día cunha interesante lectura . A ver se es capaz de porlle un titulo! Hoxe temos para repasar os pronomes persoais en galego. Aquí tedes unha táboa que os resume. Os pronomes persoais son as palabras que serven para nomear ás persoas, os animais ou as cousas sen utilizar substantivos. Os pronomes poden ser de primeira, segunda e terceira persoa. Hai dúas clases de pronomes persoais: tónicos e átonos . Os pronomes tónicos poden aparecer sós. Os pronomes átonos sempre acompañan a un verbo. -Agora agrupa os pronomes persoais segundo sexan átonos ou tónicos: actividade -Nas seguintes oracións substitúe as palabras destacadas por un pronome Pablo e María foron á praia_____________________ Esta maña viu a verme Pablo _____________________ Xaquín mais eu fixemos unha maqueta______________ -Por último, marca o pronome persoal átono destes verbos. dálla dimo peitéache sírveas ilumínaos agradécello vaiche bébeo...
Hoxe é o último día para os alumnos de 3º e 4º. Comezaremos traballando a comprensión lectora. Imos aquí e lemos 3 ou 4 veces. A continuación pulsamos o enlace e facemos o test para comprobar se comprendimos o texto. Para finalizar propoñovos xogar ó xogo da oca . Antes de nada temos que rexistrarnos ou entrar con facebook, pulsamos "Juega ya" e ¡a disfrutar!¡A ver cantas partidas es capaz de gañar!
Para os alumnso de 3º e 4º teño como proposta o visionado de dúas historias en galego. Espero que vos gusten. De paseo pola sabana O sapo e o raposo Cal vos gustou mais? Por que? Matematicamente falando xogaremos ó tangram virtual. Temos que construír as distintas figuras utilizando as diferentes figuras xeométricas. Xogo (primeiro eliximos o nivel e pulsamos na figura correspondente que imos representar, unha vez completada a figura pasaremos á seguinte).
Comments
Post a Comment